Cando nace 21 Días co Galego o noso padriño de forma xenerosa foi o escritor Premio Nacional de Literatura Agustín Fernández Paz que colaborou con nós en máis ocasións e que desgraciadamente finou en Vigo o 12 de xullo de 2016.
É por iso que este ano queremos homenaxealo da mellor maneira que se pode honrar a un escritor que é lendo e espallando a súa obra.
Así é como nace Lendo a Agustín Fernández Paz, unha iniciativa para a que imos contar con moitas amigas e amigos esparexidos por toda Galicia e que nos van ir falando dos libros de Agustín.
Para comezar temos un vídeo de introdución cunha
colaboradora de luxo, a profesora Eulalia Agrelo Costas, autora de “Da institución escolar ao centro do canon: Agustín
Fernández Paz”, a única tese de doutoramento sobre o autor e que
tivo a amabilidade de facernos unha achega xeral aos seus libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario