luns, 27 de marzo de 2017

Zeralda e o dragón (2012)

Arrincamos a semana moi potentes cunha colaboración multitudinaria. Nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil fálannos de Agustín Fernández Paz e do seu libro Zeralda e o dragón dende o CEIP Antonio Pedrosa Latas de Viveiro. Agradecémoslles o seu vídeo e a colaboración a eles e ás súas profesoras Cristina Freán, Ana Lago, Maricarmen Lázaro e Inés Díaz.

*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo. 

venres, 24 de marzo de 2017

A pastelaría de Dona Remedios (2008)

Rematamos a semana cunha contribución moi doce que chega dende o blogomillo. Os autores do blog gastronómico Bolboretas no bandullo, Diana Fernández e David Díaz, comentan e len para nós a obra A pastelaría de Dona Remedios

*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo. 

xoves, 23 de marzo de 2017

A noite dos animais (2005)

Tamén dende A Coruña, grazas a Xenaro Quintela Torreiro e a súa nai, a economista Sonia Torreiro Pereiro, achegámonos á obra A noite dos animais

*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo. 

mércores, 22 de marzo de 2017

Laura e os ratos (2004)

Hoxe os nosos lectores chegan dende A Coruña, grazas a Breogán Almisas Varela e a súa nai Patricia Varela Fernández saberemos que é o que lle pasa entre Laura e os ratos

*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo. 

luns, 20 de marzo de 2017

Amizades secretas (2015)

Hoxe os nosos lectores chegan dende Viveiro, grazas a Xabier Iglesias García e Inmaculada García Romero, fillo e nai, saberemos das Amizades secretas de Agustín Fernández Paz. 

*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo. 

xoves, 16 de marzo de 2017

A neve interminable (2015)

Hoxe as nosas lectoras chegan dende Viveiro, elas son Sabela Barcón e Rosalía Fernández, nai e filla. 
Este vídeo é todo creatividade, non deixedes de fixarvos na fermosa música de acordeón que soa grazas á propia Rosalía e nos marabillosos mapas visuais de Sabela.

*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo. 

martes, 14 de marzo de 2017

O rastro que deixamos (2012)

Chegamos á entrega número 30 desta aventura de ler a Agustín Fernández Paz.
Hoxe traemos unha parella de lectoras ben singular, elas son Teresa Meixide Portos e Olalla Lamela Rodríguez, inicialmente Olalla foi alumna de Teresa no instituto e hoxe xa se ten convertido nunha profesora de Lingua Galega e Literatura. Vese que Teresa saber espertar paixón pola súa materia!
Véñennos falar da obra O rastro que deixamos, probablemente un dos libros que máis nos achega á persoa de Agustín e á súa realidade como docente e creador.

*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo. 

luns, 13 de marzo de 2017

Valados (2009)

Arrincamos a semana Lendo a Agustín Fernández Paz grazas á xente do IES Pintor Laxeiro de Lalín. A profesora Gracia Santórum e Lucía Carballo Valladares, alumna de 1º de ESO, fálannos de Valados, unha obra de moita actualidade agora que tanto se fala de muros e valados.

*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo. 

xoves, 9 de marzo de 2017

O laboratorio do Doutor Nogueira (1998)

Este venres chega a Lendo a Agustín Fernández Paz O laboratorio do Doutor Nogueira das mans lectoras de Ana Segade Freire (profesora do IES Eduardo Pondal de Santiago) e Irea Sanín Segade (CPI Plurilingüe de Vedra).

*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo. 

martes, 7 de marzo de 2017

Avenida do Parque, 17 (1996)

Despois dunha pequena interrupción continuamos Lendo a Agustín Fernández Paz, hoxe grazas a Maricarmen Dios Fernández (profesora e antiga compañeira no IES da Pobra do Caramiñal) e o seu fillo Marco Boo Dios (estudante de 6º de primaria).

*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo. 

xoves, 2 de marzo de 2017

As fadas verdes (1999)

Hoxe o noso Lendo a Agustín Fernández Paz vén da man de Miguel Ángel Alonso Diz (escritor) e Esther Alonso Rodríguez.